Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios puntos de Galicia estarán en aviso amarelo por choivas e tormentas este venres

Varios puntos de Galicia estarán en aviso amarelo por choivas e tormentas este venres

Espérase unha precipitación acumulada nunha hora de 15 milímetros

EFE/Moncho Fuentes EFE/Moncho Fuentes
G24.gal 04/07/2025 08:37

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este venres o aviso amarelo por choivas e tormentas en varios puntos de Galicia.

Así, segundo recolle na súa páxina web, espérase unha precipitación acumulada nunha hora de 15 milímetros. As zonas nas que está activo o aviso son: Suroeste da Coruña, A Mariña, centro de Lugo e sur de Lugo, noroeste de Ourense e interior de Pontevedra. Ademais, o litoral da provincia da Coruña continuará en aviso amarelo por vento do nordés de 50 a 61 km/h (forza 7) entre Fisterra-Sisargas e mar a fóra ao norte das Sisargas.

Pola súa banda, Meteogalicia detallou que durante a xornada do venres a comunidade autónoma continuará coas altas presións entrando en forma de cuña polo noroeste e coas baixas térmicas sobre a península.

Desta forma, espéranse ceos con intervalos de nubes e claros e choivas. As temperaturas sufrirán un lixeiro ascenso e o vento soprará do nordés frouxo con intervalos moderados no interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade