Cargando resultados...
Estabilizado un incendio forestal en Lousame con arredor de 30 hectáreas afectadas
Iniciouse arredor das 5:30 horas da madrugada
Mobilizáronse diferentes efectivos para facilitar a extinción, entre eles, catro helicópteros e un avión

G24.gal
02/07/2025 13:11
Última actualización 02/07/2025 15:14
Un incendio forestal afectou o lugar de Tállara, en Lousame (A Coruña) cunha superficie afectada de arredor de 30 hectáreas. Sobre as 14:00 horas a Consellería de Medio Rural informaba de que o incendio estaba estabilizado.
Segundo o comunicado, o incendio iniciouse ás 5:34 horas da madrugada.
Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 13 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e un avión.
A Xunta lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 para chamar en caso de detectar algún incendio.