Un incendio forestal deixa dous mortos e 6.500 hectáreas queimadas en Lleida
O incendio foi especialmente violento e rápido, segundo explicou o xefe do corpo de Bombeiros, o inspector David Borrell
Os falecidos son o dono e un traballador dunha explotación gandeira
Dúas persoas morreron nun incendio forestal de na comarca da Segarra, en Lleida. O incendio, primeiro grande incendio forestal do ano, quedou estabilizado esta mañá, logo de queimar máis de 6.500 hectáreas.
As vítimas son o propietario dunha granxa e un traballador da explotación, os que quedaron atrapados no perímetro do incendio. Tamén resultaron feridos dous bombeiros, pero xa se están recuperando ben.
O lume comezou nunha zona onde traballan con maquinaria agrícola e investigan se isto podería ter relación cas causas do mesmo.
Os bombeiros da Generalitat dérono por estabilizado, mais aínda non se controlou de todo.
“É un día con altas temperaturas e ata primeira hora da tarde, despois de que pase o pico de calor máxima da xornada, haberá que estar atentos a que o incendio non volva prender nas zonas do seu perímetro”.
Un total de 130 bombeiros, un avión e catro helicópteros seguen traballando nas tarefas de extinción do lume.