Novas

O Son do Camiño chega á súa fin, despois de tres días de boa música
14/06/2025 21:27
O festival pecha a súa sexta edición con artistas como Estopa, Amaral, The Prodigy ou Steve Aoki

Paixón do público no circo romano e no desfile central do Arde Lucus
14/06/2025 21:22
Milleiros de persoas participan nas máis de trescentas actividades que se ofrecen

Os poliquetos, outro recurso do mar para comercializar en Galicia
14/06/2025 21:06
A universidade da Coruña publica un dos primeiros estudos sobre o uso dos poliquetos para a pesca recreativa
A demanda deste cebo converte a súa extracción nun complemento a outras actividades pesqueiras

O PSOE advirte a Cerdán de que será expulsado se non entrega a acta de deputado
14/06/2025 21:01
Santos Cerdán asegura que entregará a acta o luns e que demostrará a súa inocencia
O PSOE de Aragón suspende dous membros do partido que aparecen nunha conversa entre Cerdán e Koldo
O PP asegura que Sánchez sabía todo e que o tapou e pídelle a Yolanda Díaz que deixe caer o Goberno

14/06/2025 20:57
O Vilalba F. S. remontou diante do Penya Esplugues, para acabar gañando por 5-3
O Bembrive perdeu co Chiloeches, e intentará remontar os dous goles en Vigo

Netanyahu: "Atacaremos cada sitio e cada obxectivo do réxime dos aiatolás"
14/06/2025 20:53
Israel ataca Teherán mentres intercepta os mísiles iranianos no norte do país. As sirenas comezaron a soar ás 23:12 hora local, 20:12 GMT.
Omán confirmou que se cancelan as conversas nas negociacións sobre armas nucleares entre Irán e os EUA previstas para o domingo

Detido en Lleida o sexto implicado na liorta de Pontevedra
14/06/2025 20:45
Trataba de fuxir a Francia nun coche compartido
Está considerado o autor principal das coiteladas aos tres mozos feridos

Falece un home nun accidente de tractor en Becerreá
14/06/2025 20:35
O accidente produciuse na parroquia de Guilfrei

España remonta contra Romanía (2-1) e métese nos cuartos do Europeo sub-21
14/06/2025 19:53
Un golazo de Munteanu no comezo foi case insuperable para a selección, que estragou unha chea de ocasións e mesmo un penalti
A remonta chegou entre o 84 e o 87, cos romaneses en inferioridade
A clasificación é matemática tras a vitoria de Italia sobre Eslovaquia
.jpg)
O alcalde de Ames é o primeiro socialista galego que pide a Sánchez o adianto das eleccións
14/06/2025 19:42
Blas García contradí a liña oficial defendida por Besteiro, quen apoia o presidente do Goberno

As persoas xordas reivindican os seus dereitos lingüístixos no Día Nacional das Linguas de Signos
14/06/2025 19:22
Aproveitan o día para facerse máis visibles e dar a coñecer a súa lingua entre as persoas oíntes
.png)
Falece no exilio a expresidenta de Nicaragua Violeta Chamorro
14/06/2025 18:11
Violeta Barrios de Chamorro foi a primeira xefa de Estado elixida democraticamente en América
Derrotou nas urnas o exguerrillero sandinista Daniel Ortega en 1990

Javier Pardo triunfa na casa e gaña o Rally de Ourense
14/06/2025 17:57
O piloto de Allariz convértese no primeiro local que gaña a proba do CER en corenta anos
A saída de pista de Cohete Suárez, cando ía líder, despexoulle o camiño ao triunfo
Dani Berdomás rematou se segundo a máis de minuto e medio
.png)
Unha congresista demócrata e o seu marido asasinados na casa e un senador tiroteado en Minnesota
14/06/2025 17:36
O senador demócrata John Hoffman e a súa muller tamén recibiron esta mañá múltiples disparos noutro ataque
Un home que se fixo pasar por policía atacou os dous políticos cando estaban no seus respectivos domicilios
O gobernador de Minnesota considera que se trata de ataques por motivos políticos e o presidente estadounidense apuntou que parece ser un ataque dirixido contra lexisladores estatais

Coñecemos mellor a Keandre Cook, o novo xogador do Breogán
14/06/2025 16:44

Imos gañando influencia anticiclónica
14/06/2025 16:14

As mulleres galegas da enxeñaría poñen en valor a súa profesión
14/06/2025 15:08
Aumenta a presenza das mulleres no eido das enxeñarías, pero elas mesmas advirten que queda camiño por percorrer
Botan en falla educación para a conciliación e aumentar a porcentaxe feminina nas facultades máis técnicas

Os asistentes ao Son do Camiño chegan ao último día do festival cansos, pero con ganas de máis
14/06/2025 15:07
Despois de dous días de festival, os asistentes aínda seguen con ganas de máis
O prato forte do último día son artistas da categoría de Amaral, Estopa, The Prodigy ou Steve Aoki

O Barça golpea primeiro o Liceo na final da OK Liga (6-3)
14/06/2025 15:06
O equipo coruñés adiantouse axiña, pero Alabart remontou con dous tantos
Na segunda metade o cadro catalán estivo máis atinado, e respondeu aos intentos de remonta
O luns, segundo partido da serie ao mellor de 5, tamén no Palau

Recuperan castiñeiros que arderon hai tres anos no incendio do Courel
14/06/2025 15:05
A Asociación Galega das Castañas e os Soutos organiza unha xornada para reinvindicar a importancia destas árbores, tan presentes na paisaxe da zona

Os alugueiros en Sanxenxo en agosto móvense entre os 1.500 e os 6.000 euros por quince días
14/06/2025 14:48
En Sanxenxo a quincena forte segue sendo a de agosto
O perfil do turista é o dunha familia de España ou Portugal

A Fiscalía do Tribunal Supremo pide o arquivo da causa contra o fiscal xeral do Estado
14/06/2025 14:40
A Fiscalía do Supremo considera que non hai probas de que García Ortiz filtrase correos do noivo de Ayuso
García Ortiz non dimite porque "non pode ser que a mentira derrote un fiscal xeral"

Lugo convértese no escenario da recreación histórica do Arde Lucus
14/06/2025 14:35
Ofrécense 320 actividades diferentes para coñecer como foron os primeiros tempos da chegada dos romanos

O PP afirma que Sánchez sabía o que facía Santos Cerdán e esixe que compareza no Congreso
14/06/2025 14:35
Junts reclama unha reunión co presidente para falar da viabilidade do seu apoio ao Goberno
Santos Cerdán segue sen entregar a súa acta de deputado

O PPdeG di que as dimisións polo caso Koldo non son suficientes e esixen eleccións
14/06/2025 14:19
Paula Prado explicaba este sábado que a cidadanía "está farta" de ver como están "roubando a mans cheas"

O prezo da sardiña mantense entre os 6 e os 8 euros a pouco máis dunha semana para San Xoán
14/06/2025 13:48
A Consellería do Mar autorizou as capturas de sardiña o domingo 22 de xuño, na véspera da noite de San Xoán
A frota do xeito sairá a pescar. A do cerco, segundo confirmou a Federación Galega de Confrarías, vaino decidir o próximo mércores.

A comuñón cada día é máis habitual celebrala como unha pequena voda
14/06/2025 13:30
As cifras oscilan desde os 3.000 euros ata superar os 12.000, case tanto como unha pequena voda

A reciclaxe de medicamentos segue aumentando en Galicia
14/06/2025 13:30
Cada galego deposita unha media de 115 gramos anuais nos 1.400 puntos de recollida

Buscar onde vivir entre xuño e setembro, a odisea anual dos universitarios
14/06/2025 13:30
A oferta de residencias públicas é insuficiente e as privadas son moi caras
O piso compartido segue sendo a solución maioritaria a pesar da crise da vivenda

Unha aldea de Avión contén a maior concentración orixinal de canastros de Europa
14/06/2025 13:30
Dos 40 hórreos documentados na eira grande de Barroso quedan 29, o que supón o maior conxunto de hórreos que permanecen na súa localización orixinal
Os 34 do concello da Merca foron reagrupados no campo da feira por mor das obras de reurbanización levadas a cabo nunha rúa
A Asociación Cultural Vive Avión desenvolve un proxecto para poñer en valor o rico e variado patrimonio etnográfico e paisaxístico do concello
.png)
14/06/2025 13:11
Dolors Montserrat: o ex número tres do PSOE "está ata arriba, como o seu amo, o seu antecesor e os seus cómplices"
Santos Cerdán segue sen rexistar no Congreso a renuncia ao seu escano. Debería telo feito no Congreso, e o rexistro só está aberto ata as 14 horas do sabado
Feijóo dilles aos socios do PSOE que non os votaron para "facilitar e manter a corrupción"

O Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda non viaxar a Israel nin a Irán
14/06/2025 12:38
Recomenda a todos os nacionais españois residentes en Israel que faciliten os seus datos actualizados de contacto á Embaixada de España en Tel Aviv ou ao Consulado xeral en Xerusalén
A Irán, di Exteriores que non se debe viaxar "baixo ningún concepto"
.png)
Un incendio calcina unha casa ocupada ilegalmente no centro de Santiago
14/06/2025 11:44
O lume orixinouse no primeiro piso dunha casa da rúa Algalia de Abaixo
Non houbo que lamentar danos persoais; no momento do incendio o piso estaba baleiro

14/06/2025 10:33
O tráiler envorcou tras tentar esquivar un turismo sinistrado que estaba no medio da vía
O camioneiro tivo que ser excarcelado e o condutor do turismo sufriu feridas graves nas pernas
Cumpriu habilitar un trazado alternativo pola estrada nacional ata que un guindastre conseguiu retirar o remolque

O Breogán comeza a reforzar o equipo co escolta Keandre Cook
13/06/2025 23:25
Ten 28 anos, mide 196 e o ano pasado xogou en Australia, A China e Israel

Recrúa a escalada bélica con ataques cruzados entre Israel e Irán
13/06/2025 23:17
Irán disparou 200 mísiles e 200 drons e Israel respondeu con máis de 150 ataques
Hai dous mortos e máis de 60 feridos tras caer un mísil en Tel Aviv e Irán cifra en 78 mortos e máis de 350 feridos as vítimas polos ataques de Israel
O Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda non viaxar a Israel nin a Irán

O Ribeiro premia a adegueira Elisa Collarte, unha das pioneiras da Denominación de Orixe
13/06/2025 22:30
Hai 36 anos profesionalizou as viñas da familia, que producían só para consumo propio ou venda a particulares, e agora embotella 35.000 quilos de uva
Un dos seus brancos, o Santo André, polivarietal, acaba de ser galardoado co Baco de Ouro

Rematan os días de fresco e volve o calmuzo
13/06/2025 21:57

O Parrulo colle o rumbo cara á Primeira División de fútbol sala
13/06/2025 21:30
Gañou o segundo partido na pista do Málaga e regresa á máxima categoría despois de catro temporadas

"Do deseño tamén se come e se bebe", xornadas sobre o deseño de produto alimentario na Coruña
13/06/2025 21:10
As xornadas desenvólvense na Fundación Luis Seoane da Coruña ao abeiro do primeiro premio específico de deseño da Deputación da Coruña
Os deseñadores gráficos galegos triunfan entre as marcas alimentarias do país