Cargando resultados...
O PPdeG di que as dimisións polo caso Koldo non son suficientes e esixen eleccións
Paula Prado explicaba este sábado que a cidadanía "está farta" de ver como están "roubando a mans cheas"
G24.gal
14/06/2025 14:19
Os populares galegos insisten en que as dimisións polo caso Koldo non son dabondo. Esíxenlle a Pedro Sánchez que convoque xa eleccións. Así o dicía esta mañá a secretaria xeral do Partido Popular de Galicia.
Paula Prado explicaba este sábado que a cidadanía "está farta de levantarse cada día cun novo titular" e de ver como están "roubando a mans cheas".