Rueda pide eleccións a Sánchez: "Resistir faise insostible"
Rueda dixo que "ninguén cre" as explicacións que deu Sánchez e critica que o presidente do Goberno circunscriba o caso Koldo a cuestións do partido
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cre que a Pedro Sánchez non lle queda outra saída que convocar eleccións. O xefe do Goberno galego subliña que as investigacións atinxen ao Ministerio de Transporte e considera que o Executivo central está nunha situación "insostible".
En declaracións aos xornalistas nun acto celebrado este venres en Santiago, Rueda dixo que "ninguén cre" as explicacións que deu Sánchez e critica que o presidente do Goberno circunscriba o caso Koldo a cuestións do partido, cando "estamos falando de adxudicacións de ministerios".
Alfonso Rueda defende que é momento de convocar eleccións, tal e como lle pediu, lembrou, na Conferencia de Presidentes de hai unha semana en Barcelona. "Os socios van subir o nivel de chantaxe e farán España máis ingobernable".