Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo dilles aos socios do PSOE que non os votaron para "facilitar e manter a corrupción"

Feijóo dilles aos socios do PSOE que non os votaron para "facilitar e manter a corrupción"

Feijóo asegurou que Pedro Sánchez, non está "limpo": "Ningún dos que se subiu a aquel coche en que ían catro está limpo. Ningún. E, en consecuencia, Sánchez tampouco"

Reivindícase como un líder limpo e augura que a corrupción fará caer ao Goberno

Críticas dos socios de investidura: ERC di que "a confianza está danada" e o BNG ve "insuficientes" as explicacións

Núñez Feijóo, este venres (Rafael Martín-Europa Press)
G24.gal 13/06/2025 13:39

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres que o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, non está "limpo" e avisou os socios do PSOE de que os seus electores non os votaron para "facilitar e manter a corrupción".

Nun acto en Guadalaxara puxo o foco nos aliados do PSOE, asegurando que cada día que pasa "son menos socios e son máis cómplices".

"Eles son os que están a soster a corrupción no Goberno de España. Espero nada ou pouco deles, pero si espero todo e moito dos españois", manifestou.

Ademais, cargou contra Vox por centrarse en "criticar" ao Partido Popular tras coñecerse o informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.

"Eu non se ao que se dedica Vox neste momento criticando o PP. O que si vos podo asegurar é que eu non vou perder nin un minuto en criticar á oposición. Eu vou investir todo o meu tempo en cambiar o Goberno de España", declarou. 

Así respondeu ás declaracións do presidente de Vox, Santiago Abascal, quen esixiu este xoves a Feijóo que presente unha moción de censura contra o Goberno, aínda que lamentou "a debilidade da oposición" do PP, que cre "letal para a oposición" en España.

"Non todos somos iguais"

O xefe da oposición recalcou varias veces no seu discurso que non todos os políticos son "iguais", subliñando que ningún membro do seu Goberno -dirixiu 14 anos a Xunta de Galicia- foi "xamais condenado por corrupción".

A continuación, lembrou o circuíto que fixo Pedro Sánchez por España para gañar as primarias do PSOE en 2014 acompañado de José Luis Ábalos, Santos Cerdán e Koldo García.

"Ningún dos que subiu a aquel coche en que ían catro está limpo. Ningún. E, en consecuencia, Sánchez tampouco", aseverou.

"Sánchez é o único responsable da situación na que se atopa o noso país", asegurou, e por iso ten que irse e debe devolver a palabra aos españois

Feijóo afirmou que a actualidade informativa relacionada co Goberno e co PSOE converteuse en "unha telenovela de corrupcións sórdidas, de mordidas e de mafias" que "se vai a levar ao Goberno por diante" e tamén ao PSOE, pero non a España. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade