Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez mantén os apoios parlamentarios e rexeita someterse a unha moción de confianza no Congreso

Pedro Sánchez mantén os apoios parlamentarios e rexeita someterse a unha moción de confianza no Congreso

O PP acusa os socios da investidura de ser cómplices da corrupción do PSOE

BNG e ERC piden formalmente que o presidente compareza na Cámara Baixa

G24.gal 13/06/2025 21:04 Última actualización 13/06/2025 21:23

É o momento máis delicado da súa presidencia, pero Pedro Sánchez mantén a firme intención de que o escándalo de Santos Cerdán non lle pase factura ao Goberno. Primeiro descartou dimitir e convocar eleccións. Os seus achegados confirman que tampouco ten previsto someterse a unha cuestión de confianza.

O ministro Óscar López di: "Unha moción de confianza?, non. O presidente do Goberno ten a obriga de cumprir o seu programa de Goberno, de non defraudar os millóns de persoas que lle votaron. E iso é o que está facendo".

Sumar, o socio da coalición tampouco cre que unha moción de confianza resolva nada. Os de Yolanda Díaz piden resetear o pacto de Goberno, pero defenden a integridade do Goberno.

A voceira no Congreso, Verónica Martínez, di: "Non hai corrupción no Goberno, non hai ningunha corrupción que rodee o Goberno".

Polo momento, Sánchez conta co apoio dos socios da investidura. Aínda que ERC e o BNG solicitaron formalemente unha comparecencia do presidente no Congreso e os republicanos tamén unha auditoría do ministerio de Transportes.

O Partido Popular di que están sendo cómplices da corrupción socialista.

Así o di Alberto Núñez Feijóo: "Cada vez son menos socios e máis cómplices, eles son os que están sostendo a corrupción no Goberno. Pedro Sánchez está achicharrado, é o culpable e debe irse con Santos Cerdán e con Ábalos".

O PP insiste en pedir eleccións anticipadas, pero di que, tarde máis ou menos, a corrupción fará caer a Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade