Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP di que Santos Cerdán non renuncia á súa acta como deputado para "bloquear a xustiza" e "destruír probas"

O PP di que Santos Cerdán non renuncia á súa acta como deputado para "bloquear a xustiza" e "destruír probas"

Dolors Montserrat: o ex número tres do PSOE "está ata arriba, como o seu amo, o seu antecesor e os seus cómplices"

Santos Cerdán segue sen rexistar no Congreso a renuncia ao seu escano. Debería telo feito no Congreso, e o rexistro só está aberto ata as 14 horas do sabado

Feijóo dilles aos socios do PSOE que non os votaron para "facilitar e manter a corrupción"

Imaxe de arquivo de Dolors Monserrat. Foto: @DolorsMM Imaxe de arquivo de Dolors Monserrat. Foto: @DolorsMM
G24.gal 14/06/2025 13:11 Última actualización 14/06/2025 14:06

A secretaria xeral do PPE e eurodeputada do PP, Dolors Montserrat, asegurou que o ata este xoves secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, non renunciou á súa acta como deputado no Congreso para "bloquear a xustiza" e "destruír probas".

Nunha mensaxe na rede social X, a dirixente popular afirmou que o ex número tres do PSOE "está ata arriba, como o seu amo, o seu antecesor e os seus cómplices", vinculando o secretario xeral socialista e presidente do Goberno Pedro Sánchez, e o exministro de Transportes José Luis Ábalos co presunto amaño de contratos públicos polo que se acusa a Cerdán.

"Santos Cerdán non renuncia á súa acta para bloquear a xustiza e limpar a súa casa, como bo mafioso. Poderá destruír probas, pero xa non poderá borrar os delitos", sostivo a eurodeputada do PP na súa mensaxe.

As declaracións de Montserrat teñen lugar despois de que este venres Cerdán non entregara a súa acta como deputado, a pesar de anunciar que o faría despois de dimitir como secretario de Organización do PSOE e tras aparecer nun informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil como membro da suposta trama de comisións do exasesor de Transportes Koldo García.

 

Un pacto para facer parecer a Sánchez unha vítima

Tamén se referiu a que Cerdán non deixou aínda o seu escano a vicesecretaria de Mobilización e Reto Dixital do PP, Noelia Núñez, que nunha entrevista en EsRadio, recollida por Europa Press, asegurou que "está todo pactado" para que o ex número tres do PSOE aproveite para obstruír o labor da xustiza mentres se fai ver que Sánchez "foi enganado".

"Cada vez teño máis claro que está todo pactado. Hoxe Santos Cerdán segue sendo deputado. E pode ser porque estea a aproveitar que segue sendo aforado e non pode ser detido nin se lle pode rexistrar o domicilio para quizais obstruír un pouquiño a xustiza e borrar algún tipo de proba", indicou a dirixente 'popular'.

Pero tamén sinalou a posibilidade de que non renuncie á acta como deputado porque o teña "apalabrado co PSOE" para profundar "no personaxe mentireiro" que "enganou o presidente do Goberno, o pobre Pedro Sánchez", e que agora finalmente non entregue a acta e se vaia ao grupo mixto, como fixo José Luis Ábalos

Santos Cerdán segue sen rexistrar no Congreso a súa renuncia ao escano

O exsecretario de Organización do PSOE Santos Cerdán segue sen rexistrar no Congreso a súa renuncia como deputado e non se espera xa que o faga a fin de semana, porque só está aberto o rexistro electrónico ata as 14:00 horas e ese trámite faise en persoa ou por delegación.

Fuentes parlamentarias confirmaron a EFE que Cerdán non deu aínda o paso que anunciou o xoves na carta na que avanzaba tamén a súa dimisión como secretario de Organización do PSOE, tras publicarse un informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil que o implicaba o caso Koldo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade