O Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda non viaxar a Israel nin a Irán
Recomenda a todos os nacionais españois residentes en Israel que faciliten os seus datos actualizados de contacto á Embaixada de España en Tel Aviv ou ao Consulado xeral en Xerusalén
A Irán, di Exteriores que non se debe viaxar "baixo ningún concepto"

O Ministerio de Asuntos Exteriores actualizou as súas recomendacións de viaxe tras os ataques de Israel a Irán e desaconsella aos cidadáns españois non viaxar a eses países ante a gravidade da situación e o risco dunha rápida deterioración da situación.
No apartado dedicado a Israel, Exteriores lembra que o país declarou formalmente o "estado de guerra" en outubro de 2023 e subliña que tras os ataques do 13 de xuño pechouse o espazo aéreo por tempo indeterminado.
No caso de cancelacións de voos, Exteriores recomenda encarecidamente contactar coas compañías aéreas ou axencias de viaxe.
"Mentres persista a situación actual en Israel, e ante a potencial deterioración rápida, recoméndase aos nacionais españois que incrementen as precaucións e sigan en todo momento as instrucións das autoridades locais, evitando desprazamentos non esenciais, e que permanezan no interior das súas vivendas ou aloxamentos e preto dos refuxios designados na súa zona", aconsella Exteriores.
Recomenda a todos os nacionais españois residentes que faciliten os seus datos actualizados de contacto á Embaixada de España en Tel Aviv ou ao Consulado xeral en Xerusalén.
O Ministerio de Asuntos Exteriores, recomenda ademais a todos os nacionais españois residentes que faciliten os seus datos actualizados de contacto á Embaixada de España en Tel Aviv ou ao Consulado xeral en Xerusalén.
A Irán, di Exteriores que non se debe viaxar ao país "baixo ningún concepto"
No capítulo dedicado a Irán, recórrese á letra grosa para destacar os ataques israelís, que o espazo aéreo está pechado e que non se debe viaxar ao país "baixo ningún concepto", xa que "non se exclúe que a situación poida deteriorarse durante os próximos días".
O consello é permanecer atentos ás redes sociais e outros medios de comunicación da Embaixada de España en Teherán.