Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha congresista demócrata e o seu marido asasinados na casa e un senador tiroteado en Minesota

Unha congresista demócrata e o seu marido asasinados na casa e un senador tiroteado en Minesota

O senador demócrata John Hoffman e a súa muller tamén recibiron esta mañá múltiples disparos noutro ataque

Un home que se fixo pasar por policía atacou os dous políticos cando estaban no seus respectivos domicilios

O gobernador de Minnesota considera que se trata de ataques por motivos políticos e o O presidente estadounidense apuntou que parece ser un ataque dirixido contra lexisladores estatais

Melissa Hortman e John Hoffman. Imaxe de arquivo da rede social X
G24.gal 14/06/2025 17:36 Última actualización 14/06/2025 22:13

A congresista demócrata Melissa Hortman e o seu marido morreron asasinados a tiros hoxe en Brooklyn Park, Minnesota, Estados Unidos, no que parece ser "un asasinato por motivos políticos", segundo informou o gobernador do estado, Tim Walz. Ao parecer, matounos un home que levaba posto un uniforme de policía

O senador demócrata John Hoffman, tamén de Minnesota, e a súa muller tamén recibiron esta mañá múltiples disparos noutro ataque, e tras someterse a unha cirurxía están agora recibindo atención sanitaria, indicou Walz.

O senador estatal John Hoffman e Melissa Hortman, foron tiroteados na súas casas familiares . Ambos representan distritos situados ao norte de Minneapolis.

O gobernador de Minnesota, Tim Walz, considera este ataque un acto dirixido de “violencia política”.

“O diálogo pacífico é a base da nosa democracia. Non resolvemos as nosas diferenzas con violencia nin a punta de pistola”, dixo.

Hortman era a máxima líder demócrata na Asemblea Lexislativa do Estado e antiga presidenta da Cámara de Representantes estatal. Foi elixida por primeira vez en 2004. Era avogada e tiña dous fillos. Hoffman, tamén demócrata, foi elixido por primeira vez en 2012.

As autoridades andan á procura do autor dos disparos, que logrou fuxir tras un tiroteo con axentes de policía.

O presidente estadounidense apuntou que parece ser un ataque dirixido contra lexisladores estatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade