Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os alugueiros en Sanxenxo en agosto móvense entre os 1.500 e os 6.000 euros por quince días

Os alugueiros en Sanxenxo en agosto móvense entre os 1.500 e os 6.000 euros por quince días

En Sanxenxo a quincena forte segue sendo a de agosto

O perfil do turista é o dunha familia de España ou Portugal

G24.gal 14/06/2025 14:48

Os prezos do alugueiro na España costeira levan aumentando máis dunha década, tamén nas vilas do litoral galego. Nas Rías Baixas falamos dun incremento medio de máis do corenta por cento. A ese incremento constante dos prezos ao longo da última década contribúen concellos como ese de Sanxenxo ou o seu veciño O Grove, sobre todo polo custo dos alugueiros vacacionais na Illa da Toxa.

En Sanxenxo a quincena forte segue sendo a de agosto, e de feito contábannos nunha inmobiliaria que leva xa vinte anos no sector, que aínda teñen pisos e apartamentos dispoñibles para o mes de xullo. Os prezos varían en función, basicamente, de se están ou non en primeira liña de praia. Sanxenxo móvese nun intervalo de entre 1.500 nunha estancia de quince días ata os 6.000.

E o perfil do turista é o dunha familia de España ou Portugal, e xa case ninguén pasa o verán completo de alugueiro, tres meses de vacacións. Aquela figura do veraneante xa pasou á historia.    

Estamos en Sanxenxo, na inmobilairia Pisos en Galicia, e este sábado seguen facendo reservas, especialemente para xullo porque agosto está case pechado desde hai tempo. Nun estudo, o portal Idealista.com estimaba a suba dos prezos do alugueiro vacacional en España en arredor do 75% na última década. Nas Rías Altas un 35% e nas Rías Baixas un 41%. 

"Podemos incluso ampliar o prazo e irnos vinte anos atrás, onde os alugueiros eran dun prezo, e hoxe estamos duplicados. Cada ano vaise subindo, subindo e é evidente. Antes un alugueiro en Sanxenxo da temporada completa tiña un valor entorno aos 4.000 euros e agora eses 4.000 euros xa son só no mes de agosto. Pero o que digo sempre. Hai pisos para todos os petos, podemos ter intervalos de prezos desde os 1.500 euros ata os 6.000 euros na primeira quincena de agosto. É verdade.", explica a TVG Martina Durán, da inmobiliaria Pisos en Galicia.

Os prezos altos, e o estilo de vida de hoxe, derivan en estancias de verán cada vez máis curtas. Unha semana, o mínimo establecido para alugar, é xa a estadía máis solicitada. De feito, un estudo deste 2025 elaborado por Booking.com revela que este verán os destinos estrela, os que recibirán máis turistas neste verán serán Alacante, Fuerteventura e as Rías Baixas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade