Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscar onde vivir entre xuño e setembro, a odisea anual dos universitarios

Buscar onde vivir entre xuño e setembro, a odisea anual dos universitarios

A oferta de residencias públicas é insuficiente e as privadas son moi caras

O piso compartido segue sendo a solución maioritaria a pesar da crise da vivenda

Os prezos nas residencias públicas están conxelados desde hai anos
G24.gal 14/06/2025 13:30 Última actualización 13/06/2025 23:14

Os universitarios enfróntanse un ano máis á decisión de onde vivir durante o próximo curso. Na Universidade de Santiago por exemplo buscarán acubillo boa parte dos seus 25.000 alumnos.

E coa vantaxe de que é a institución académica con maior infraestrutura pública de residencias. Este ano ofertan 960 prazas. Pero a demanda é maior que a oferta polo que para conseguir esas prazas é necesario cumprir unha serie de requisitos.

A vicerreitora de estudantes da USC, Pilar Murias, explica que hai dous criterios de selección, o académico e o económico. Pero é o económico o que ten maior peso co obxectivo de evitar que ninguén quede sen estudar por razóns socioeconómicas.

"A oferta de prezos é moi, moi razoable”, asegura Murias.

O cuarto individual máis caro son 292 euros e o compartido 250 ao mes. Nalgúns casos de situacións moi precarias pode reducirse ata os 60 euros ao mes.

Os prezos nas residencias públicas están conxelados desde hai anos. Unha diferenza a ter en conta respecto á oferta de prazas nos colexios maiores e residencias privadas. Está opción roza na actualidade a 1.000 euros ao mes, uns prezos aptos para poucas economías familiares.

Por iso a maioría dos estudantes optan por buscar piso compartido. Os alugueiros de tempada para eles, de xuño a setembro, non están á marxe da crise xeral da vivenda. Pero os prezos, están máis contidos que no alugueiro convencional.

"Un piso de dous cuartos roza os 500-600 euros, os de tres cuartos están entre os 600-800 e os de máis cuartos andan entre os 900 e 1.200 euros", explica Santiago Amor, xerente dunha inmobiliaria de Compostela.

E a oferta medra porque co nova normativa de pisos turísticos que estableceu o concello de Santiago, moitos propietarios decantáronse por derivar ao mercado estudantil as vivendas as que tiñan en uso turístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade