A comuñón cada día é máis habitual celebrala como unha pequena voda
As cifras oscilan desde os 3.000 euros ata superar os 12.000, case tanto como unha pequena voda
Cada vez é máis habitual que a celebración da primeira comuñón sexa unha auténtica festa con todo tipo de detalles.
Fotógrafo especializado en eventos e cerimonias, Yandri comenta que agora as familias buscan experiencias completas. Por uns 500 euros amais da reportaxe fotográfica inclúe sesión precomuñón e, como última tendencia, a poscomuñón.
Un dos primeiros desafíos para as familias é a elección do traxe. Nesta tenda da Coruña levan máis de catro décadas vestindo primeiras comuñóns. Unha moda na que os clásicos nunca fallan: de mariñeiro ou almirante para eles, e vestido para elas.
Á vestimenta hai que sumar calzado e outros complementos que poden encarecer o orzamento nuns 200 euros máis.
Onde máis novidades se introduciron é no apartado de restauración que continúa a ser a principal partida de gasto. Como organizador de eventos, Óscar fala dunha auténtica revolución. Nas comuñóns imponse a festa rachada.
En canto o tamaño, hainas desde as reducidas, de menos de 50 comensais, ata de 150. Incluso máis grandes. Son as chamadas comuñóns múltiples.
O desembolso non é menor para a economía familiar. As cifras oscilan desde os 3.000 euros ata superar os 12.000. Unha comuñón require preparar o peto. Case tanto como unha pequena voda.