Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como rexeitar educadamente un convite a unha voda

Como rexeitar educadamente un convite a unha voda

Os que nos convidan deberían entender que non nos apetece ou que non podemos ir

Cada vez casamos menos e de xeito máis sinxelo
G24.gal 11/08/2025 19:29 Última actualización 11/08/2025 19:47

Cada vez casamos menos e de xeito máis sinxelo. Pero que podemos facer cando nos convidan a unha voda e non nos apetece ir?

Hai xeitos de facelo educadamente, e o noso interlocutor debería entendelo. A psicóloga Clara Díaz recomenda agradecer o convite e poñer unha escusa e razoar por que non queremos ir sen intentar danar o que nos convida. 

Moitas destas invitacións son por cortesía e se cadra agradecen que non vaiamos. Temos que valorar o custo desa decisión. Na rúa atopamos xente que se viu na obriga de rexeitar convites, e curiosamente son os máis novos os que consideran que hai celebracións de familia próxima ás que si deberiamos ir.

Moitos outros consideran que a vida é demasiado curta para perdela facendo cousas que non nos apetecen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar