O Parrulo colle o rumbo cara a Primeira División de fútbol sala
Gañou o segundo partido na pista do Málaga e regresa á máxima categoría despois de catro temporadas
O Parrulo Ferrol regresa pola porta grande á Primeira División do fútbol sala español. Gañou por 2-3 na pista do Málaga Cidade Redonda e logrou a segunda vitoria necesaria para resolver a eliminatoria. Catro anos despois, o cadro ferrolán volve á elite pola porta grande logo de ser terceiro na liga regular e de superar dúas eliminatorias contra El Ejido e o Málaga.
Foi un partido moi duro e igualado no que se adiantou cun gol de Nico Rosa (minuto 10). Empatou Barranco seis minutos despois, resultado co que se chegou ao descanso. No segundo tempo non se moveu o marcador ata o minuto 32 cando Diogo anotaba o segundo para o cadro ferrolán. Rumbo facía no 36 o terceiro pero Davilillo deulle emoción aos últimos segundos ao conseguir o 2-3 co equipo local arriscando con porteiro - xogador. Ao final celebrou o triunfo O Parrulo, un ascenso de moito mérito que mantén dous equipos galegos na Primeira División do fútbol sala.
Este mediodía, os heroes do ascenso recibiron unha merecida homenaxe á súa chegada á cidade Deportamental. O Cantón de Molíns foi o escenario do recibimento que lles brindaron os afeccionados pola súa volta á máxima categoría.