O sorprendente Parrulo, líder da Primeira División de fútbol sala
O equipo ferrolán foi o único equipo que sumou dúas vitorias no inicio do campionato
Gañou por 3-4 na pista do Peñíscola
O Parrulo Ferrol é o sorprendente líder da Primeira División de fútbol sala. O equipo galego, recén ascendido, foi o único que gañou os dous partidos que se xogaron. A segunda vitoria foi a domicilio, na pista do Peñíscola por 3-4.
O cadro ferrolán colleu unha vantaxe de 0-3 con goles de Gonzalo Santa Cruz -2- e Diogo Schlemper. O Peñíscola, adestrado polo arzuán Santi Valladares, recurtou diferenzas grazas aos tantos de Matheus Ferreira e Lucas Rocha e entrou nos últimos minutos con posibilidades. Pero un tanto de Turbi desde campo propio a dous minutos do final deixou o partido moi encamiñado. Outro galego, Diego Quintela, puxo o 3-4 definitivo xa sen tempo para que o Peñíscola tivese opcións de empate.