O cuarto árbitro será o encargado de revisar as xogadas de 1ª RFEF e Liga F
A FIFA concedeu a autorización respecto do protocolo do Football Vídeo Support (FVS) para o proceso de recoñecemento de goles concedidos, goles anulados e gol/non gol
FIFA concedeu ao Comité Técnico de Árbitros da RFEF a autorización respecto do protocolo do Football Vídeo Support (FVS) para que no proceso de recoñecemento de goles concedidos, goles anulados e gol/non gol, a revisión a poida realizar o cuarto árbitro e non o colexiado principal.
Por iso, a partir desta fin de semana do 1 e 2 de novembro serán os cuartos árbitros (colexiados de Segunda Federación no caso de Primeira Federación e as árbitras de Primeira Federación no caso de Primeira División Feminina) quen realice o recoñecemento oportuno nos casos citados anteriormente. É importante destacar que, se no recoñecemento xorden dúbidas, pódese avisar o árbitro principal para que acuda ao monitor para determinar a decisión final.