Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CTA crea CARD co obxectivo de facilitar o entendemento da arbitraxe

O CTA crea CARD co obxectivo de facilitar o entendemento da arbitraxe

Este Manual de Criterios Arbitrais, Regras e Directrices busca que todas as partes do fútbol entendan os motivos detrás das decisións

G24.gal 14/08/2026 12:30

O CTA lanza unha nova medida coa que busca achegar a arbitraxe a todas as partes do fútbol. Nace CARD, o Manual de Criterios da Arbitraxe, Regras e Direccións, co obxectivo de facilitar o entendemento das decisións arbitrais tomadas.

Nesta nova forma de comunicación do Comité Técnico de Árbitros poderemos ver a plantilla completa de árbitros, os cambios de normativa (que xa estivemos explicando nas redes sociais do 'En Xogo') e exemplos prácticos de xogadas para entender por que se pitan unhas cousas e outras non.

Rafael Louzán comentou que buscan "xerar maior confianza, respeto e comprensión nunha labor fundamental no deporte". Pola súa parte, o presidente do CTA, Fran Soto, cre que "a súa publicación supón un exercicio de apertura pouco habitual na arbitraxe internacional".

Deixamos aquí o enlace co que podedes acceder a todo o contido do CARD.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade