Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vigués Fran Soto, novo presidente do Comité Técnico de Árbitros da RFEF

O vigués Fran Soto, novo presidente do Comité Técnico de Árbitros da RFEF

Soto conta con experiencia na avogacía e na arbitraxe base

Será quen lidere a remodelación do estamento en España

G24.gal 02/07/2025 12:42

O presidente da RFEF, Rafael Louzán, designou a Francisco Soto Balirac como novo responsable dos árbitros tras a destitución de Luis Medina Cantalejo e toda a súa cúpula. O nomeamento fíxose oficial durante un acto celebrado na Cidade de Fútbol das Rozas, onde se ofreceron todos os detalles da que será a nova estrutura de traballo e o novo modelo do sistema arbitral para o fútbol español.

Nas súas primeiras declaracións anunciou que se vai cambiar a Xunta Directiva por unha estutura funcional con varios responsables. Desta forma, existirá un responsable de relacións institucionais e portavocía, un director técnico, un responsable do VAR, un para o fútbol feminino, un para fútbol sala, un para fútbol praia e outro de intelixencia artificial. Este último asunto será unha das principais novidades da nova etapa.

Fran Soto, de 45 anos, é especialista en asesoramento tributario. Desenvolveu a súa vocación arbitral como colexiado de fútbol entre 2002 e 2015 en Terceira, Segunda e Primeira Autonómica, Preferente (8 temporadas), como asistente en 2ªB, e en fútbol base. Esa paixón levouno a desempeñar o posto de vocal na Xunta de Goberno do Comité Galego de Árbitros de Fútbol e asumir o posto de delegado no mesmo Comité dende 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade