Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parrulo golea ao Alzira (8-3) no seu retorno á Primeira División

O Parrulo golea ao Alzira (8-3) no seu retorno á Primeira División

O partido foi igualado ata o descanso, pero os ferroláns sentenciaron na continuación

Foto: Mijanphoto
G24.gal 06/09/2025 13:31

Regresou o Parrulo Ferrol á primeira división do fútbol sala e fíxoo conseguindo os primeiros tres puntos da temporada. 

Alegría na Malata ó remate do partido porque foi o regreso soñado, unha estrea repleta de goles. O Parrulo venceu o Alzira por 8-3, cun primeiro gol ós poucos segundos de comezar o partido. Un tanto de Novoa. Foi unha primeira metade trepidante e igualada. Turbi, Penezio e Novoa, de novo, acabaron deixando un 4-3 ó descanso.

No segundo tempo só houbo unha cor, a do Parrulo. Diogo, Morgato, Penezio e Jhoy completaron a conta goleadora dun Parrulo que o mércores na segunda xornada visita o Peñíscola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade