Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Casimiro: "No Palau temos que facer un gran traballo de equipo"

Luis Casimiro: "No Palau temos que facer un gran traballo de equipo"

O Breogán xoga este sábado diante dun Barcelona que chega á cita con dúbidas e cunha gran carga de partidos na Euroliga

O equipo galego estreou o seu taboleiro de vitorias a pasada xornada diante do Zaragoza

G24.gal 23/10/2025 14:31

O Río Breogán afronta este sábado unha das saídas máis complicadas da temporada. Visita o Palau para enfrontarse ao Barcelona. O equipo de Luis Casimiro chega coa frecha cara arriba despois do triunfo na pista do Zaragoza e tentará aproveitar as dúbidas que está a espertar o cadro catalán nas primeiras xornadas de competición nas que leva unha vitoria e unha derrota, os mesmos números que o equipo galego. 

Contra o Zaragoza foi unha vitoria moi coral do equipo lugués, con catro xogadores que superaron a barreira dos dez puntos na anotación. Ese mesmo comportamento quere Casimiro para o partido do sábado en Barcelona: "No Palau temos que facer un bo traballo de equipo", apunta o técnico como a clave para acadar un resultado positivo. 

Outro factor que tentarán aproveitar os breoganistas é a carga de partidos que ten o Barça na Euroliga. Este xoves enfróntanse ao Zalguiris e a vindeira semana teñen unha dobre cita continental que está facendo que se despisten na ACB. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade