Épicas vitorias do Noia e do Parrulo na liga de fútbol sala
O Parrulo derrotou o Palma Futsal remontando un 0-2 inicial
O Noia Portus Apostoli deulle a volta ao resultado diante do Cartaxena, último campión, nos últimos vinte segundos
Logo de tres xornadas sen gañar, o Parrulo sacudiu todos os males e gozou coa súa afección dunha vitoria épica. Nun partido no que se adiantou o Palma Futsal. Cos goles de Charuto e Fabinho. Moita vantaxe para o equipo tricampion de Europa. Pero o Parrulo estaba a facer un bo partido e reflectiouno no marcador. Rubén Orzáez marcou antes do descanso. e na segunda parte Gonzalo Santa Cruz empataba de falta.
Chegaron á recta final e o Palma, ambicioso, apostou polo xogo de cinco. O Parrulo, especialista nesta estratexeia, defendeu ben, e valeuse da cobiza rival para facerse coa vitoria. Turbi fixo o 3 a 2 , e Ruben Orzáez roubou o balón para sentenciar tamén a porta baleira co definitivo 4 a 2.
Triunfo do Noia contra o Cartaxena
A tarde de éxito do fútbol sala galego completouna o Noia, onde Berberecho empezou animando á bancada, pero axiña tomou o relevo o equipo na pista. Adiantouse con gol de Altamirano ante o actual campión de Liga. A reaccion do Cartaxena foi inmediata para poñerse por diante no marcador grazas aos tantos de Castejón e Dario Gil. Que non ía ser unha misión fácil para eles ratificouno David Montero, cando volveu empatar antes do descanso.
E chegaron así a unha segunda parte na que o municipal Agustín Mourís soubo aguantar o pulso dun rival poderoso que volveu adiantarse co 2 a 3 de Mellado, pero que non levaría nada por incrible que lles parecera. Porque gañaban a falta de 23 segundos. E nese tempo, o Noia foi quen de darlle a volta ao marcador. Thierry e Montero fixeron os goles que puxeron en pé a bancada ata o 4 a 3 final. O primeiro equipo capaz de derrotar ao Jimbee Cartaxena.