Duras sancións tras o Peñíscola - Noia
O xogador noiés Macedo castigado con oito partidos de suspensión
12.000 euros de sanción económica ó equipo local e apercibimiento de clausura da instalación deportiva
12 partidos para o local Juanico , 8 para o seu compañeiro Juanqui e 4 para Giovanni
@NoiaFutbolSala
A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) sancionou ao Peñíscola cunha multa de 12.000 euros polos incidentes ocorridos no partido ante o Noia do pasado martes, cando unha discusión entre dous xogadores terminou cunha pelexa na que estiveron implicados varios afeccionados que saltaron á pista desde a bancada. Segundo a resolución do Xuíz Disciplinario Único de Fútbol sala coñecida este xoves, ademais dos 12.000 euros de multa, o Peñíscola foi apercibido de “clausura da instalación deportiva” tras os incidentes, que definiu como “moi graves”.
Os xogadores do Peñíscola implicados na pelexa tamén recibiron sancións tanto deportivas como económicas. Juan José Moreno perderase os doce próximos partidos e deberá abonar unha multa de 480 euros, mentres que o seu compañeiro Juan Carlos Sánchez estará suspendido oito partidos e terá que pagar unha multa de 320 euros. Ambas as sancións son “por agresión a un adversario”. O tamén xogador peñiscolano Giovanni González foi sancionado con catro partidos “por intento de agresión ao concorrer a circunstancia agravante de reincidencia”, ademais dunha multa de 160 euros.
O futbolista do Noia Tiago Manuel Rodrigues "Macedo" estará fóra das pistas o próximos oito partidos por agresión e foi multado con 320 euros. Os clubs teñen un prazo de dez hábiles para interpoñer un recurso de apelación #ante o comité da federación española