O Noia non pode co poderoso Palma (0-2)
Tras unha boa primeira metade os de David Palmas foron superados na segunda polo Campión de Europa
Os noieses protestaron aos colexiados a acción do segundo gol e a expulsión de Douglas
@NoiaFutbolSala
O Noia non foi quen de derrotar o Palma no partido adiantado a xornada 29 da Primeira división de futbol sala. A primeira metade resultou igualada e ao descanso chegaríase con empate sen goles, en parte propiciado poolas boas intervencións do porteiro local Schutt. Tamén tiveron as súas opcións os galegos, especialmente dúas ocasións de Douglas que estivo preto de inaugurar o marcador.
Na segunda parte Lucao adiantaría ós baleares e pouco despois Charuto anotaba o segundo, tanto no que reclamaron os galegos unha falta previa a Schut que os colexiados decidiron non castigar videoarbitraxe mediante. Ismael puido reducir diferenzas cunha dobre ocasión pero os dous remates petaron nos paus da portería do meta balear Dennis. Nos últimos minutos a expulsión do local Douglas deixaría xa sen opcións os de David Palmas que perderon pero deron a cara en todo o momento.
A catro xornadas do final, e coa salvación no peto, os noieses pelexarán ata o final as opcións que teñen de acceder ao play off polo título, xa que se atopan soamente a tres puntos do oitavo clasificado, o Jaén.