O Parrulo cae pola mínima na pista do líder (3-2)
Os ferroláns adiantáronse na primeira metade cun gol de Morgato pero o Pozo Murcia remontou o marcador
Cinco xornadas sen gañar para o equipo departamental que racha a xeira de catro empates consecutivos
@oparrulofs
Derrota do Parrulo na súa visita á pista do líder, o Pozo Murcia, e o cadro ferrolánsuma xa cinco xornadas consecutivas sen gañar . A última vitoria do equipo de Gerard Casas foi a inicios de ano, o 9 de xaneiro, cando gañaban en Pamplona ó Xota navarro.
Enfronte tiñan o gran dominador desta liga. O Pozo Murcia é o líder da categoría e coa vitoria de onte suma xa 16 triunfos en 22 xornadas disputadas. E iso que o inicio do choque foi bo para os galegos. Aguantaron a forte saída dos locais e foron quen de adiantarse no marcador grazas a un gol de Morgato , que con certa fortuna batía ó meta murciano despois dun rebote no seu propio corpo. Pero o tanto espoleou ós locais que empatarían a tres minutos do final da primeira metade grazas a un gol co calcaño de Ricardo. A 16 segundos do descanso voltearían o marcador os murcianos cun gol de Bebé.
Na segunda metade ampliaría a renda o equipo local por medio de Rafa santos. Pero non baixou os brazos o Parrulo. Xa coa táctica do porteiro xogador o croata Niko Vukmir anotaba o segundo. Restaban dous minutos e Santacruz estivo a piques de igualar o partido pero o remate do pivote topou coa boa intervención do meta Henrique.