O Parrulo acaba coa hexemonía do Noia (3-2) e gaña a Copa Galicia de fútbol sala
Diogo en dúas ocasións e Malaguti marcaron os goles dos ferroláns
É a cuarta Copa Galicia para o equipo que dirixe Gerard Casas
O Noia protagonizou o ataque na segunda metade con dous goles e a posesión
Foto: RFGF
Apretaba o Noia Portus Apostoli na previa, cun historial de catro Copas Galicia consecutivas ata o momento, pero O Parrulo chegaba tamén a esta final nun gran momento, logo de asegurar a permanencia na Primeira División. Os dous equipos representan a elite actual do fútbol sala galego e así se presentaban a este partido.
Na primeira metade do encontro, un Parrulo moi ben posicionado e dominando a posición conseguiu bater en dúas ocasións ao porteiro do Noia. Foi Diogo o encargado de marcar, abrindo o marcador do minuto 11 e poñendo o segundo desde o punto penalti no 13'. Non se movería o marcador ata a segunda metade, na que recurtaba distancias o Noia por medio de Biel. Pouco puideron desfrutar do gol os de David Palmas, porque no seguinte minuto chegaría o 3-1 de Malaguti.
Desde este momento o Noia Portus Apostoli dominaría o partido, co Parrulo pechado atrás e decidido a defender o resultado. O 3-2 final chegaría no minuto 28 con gol de Churrasco, pero os noieses non foron quen de marcar máis goles, grazas ás paradas de Caio César e a un gran labor defensivo dos de Gerard Casas.
O Parrulo rompe así coa racha de catro copas consecutivas que viña logrando o Noia nos últimos anos. Con esta, é a cuarta Copa Galicia para os ferroláns.
Foto: RFGF