Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gran vitoria do Noia en Peñíscola (1-6)

Gran vitoria do Noia en Peñíscola (1-6)

Os de David Palmás achéganse os postos de Play off tras recuperar o partido adiado hai dúas xornadas

Davis Pazos, Thierry, Biel, David Pazos e Douglas en dúas ocasións anotaron os goles galegos

@NoiaFutbolSala @NoiaFutbolSala
G24.gal 03/03/2026 21:09

Gran vitoria do Noia na pista do Peñíscola nun gran partido do equipo de David Palmás que se enfrontaba a un dos seus mestres como é o adestrador santiagués do conxunto valenciano Santi Valladares.

A primeira metade foi case perfecta para os intereses galegos. David Pazos adiantaba os seus tras un bo roubo en propia pista. Pero tras o saque de centro Saladié empataba para os locais. O gol non amedrentou os de Noia que por medio de Biel, tras unha asistencia de Macedo, collían vantaxe de novo no marcador. E aínda antes do descanso Thierry aproveitaría un erro local para colocar o 1-3. Ademáis o capitán do Peñíscola Elías era expulsado tras unha dura entrada sobre Altamirano pero os de coruñeses non aproveitaron a superioridade para incrementar a renda antes do intermedio.

No inicio da segunda metade chegaron os peorres momentos para os noieses tras a entrada na pista do local Juanqui que co seu xogo de pivote puxo en moitos apuros ós de David Palmás. Pero souberon sufrir e mantiveron o marcador incluso xa cando Santi Valladarers optou pola táctica do porteiro xogador. Incluso chegaría a sentenza grazas a tres goles do Noia ,aproveitando a ausencia de porteiro, nos dous últimos minutos de partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade