Malleira de España sobre Ucraína, que reforza as opcións de clasificación para o Mundial
As españolas desquitáronse da derrota diante de Inglaterra
Quedou boa tarde en Córdoba para unha goleada de España ante Ucraína e de paso esquecer o sucedido en Wembley.
Con sete trocos con respecto ao equipo que xogou contra Inglaterra, chegou o primeiro tanto no minuto dous, marcou Edna Imade, dianteira do Bayern de Munic. De cabeza a pase de Lucía Corrales, que foi durante toda a tarde un pesadelo para a defensa visitante.
O dous a cero non chegou ata o minuto 47, cando repite Edna Imade para bater a Keliuski. Banda esquerda, centro de Corrales e remate de Imade inapelable na frontal da cativa.
E so 15 minutos despois o partido quedaba visto para senteza co tanto de María Méndez. Agora o centro chega desde a dereita, pero a ubicación da central española é semellante. Envío de Viki López e golazo de Méndez.
E o mellor da tarde a vinte pro final, os 7.500 espectadores que gozaron co xogo das de Sonia Bermúdez puideron aplaudir o cuarto de Eva Navarro, logo dunha xogada de Salma e de Fiamma. Coloca o balón aí onde non pode chegar a porteira ucraína.
E no 77 chegou o quinto, o de Vicky López. Logo dunha xogada de banda a banda que resolve a dianteira española con enorme clase e frialdade.
O vindeiro cinco de xuño agarda Inglaterra en Son Moix. Agora, logo dos cinco goles marcados no Novo Arcangel, a clasificación directa para o Mundial volve ser unha opción real.