Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cruel derrota do Noia ante o Santa Coloma (3-4)

Cruel derrota do Noia ante o Santa Coloma (3-4)

Os de David Palmás encaixaron o gol decisivo a seis segundos do final cando asediaban a meta contraria coa táctica do porteiro xogador

Desaproveitaron o dous cero inicial para rematar perdendo nos últimos segundos do partido

@NoiaFutbolSala @NoiaFutbolSala
G24.gal 27/02/2026 21:54

Dura derrota do Noia no Agustín Mourís ante o Santa Coloma nun partido tolo que se decidiu no último minuto e que privou ó equipo local de durmir en postos de play off polo título.

A primeira metade foi case perfecta para os locais. Con goles de Churrasco e Ismael colleron unha cómoda vantaxe coa que chegarían o descanso. Pero tras o intermedio chegaría a reacción do cadro catalán. Os de Santa Coloma daríanlle a volta ao marcador grazas ao gol de Povill e o dobrete de Puchil.

Restaban nove minutos para o final e o adestrador local David Palmás optou pola táctica do porteiro xogador para buscar a igualada. Algo que acadaría a un minuto do final cun gol de Thierry.

Restaban segundos para o final pero o equipo noiés foi polo triunfo. Persistiu co xogo de cinco en campo contrario pero unha recuperación de Marc Tolrá propiciou un disparo do propio xogador catalán desde a súa propia área que entrou na meta noiesa deixando os locais sen puntos e cunha derrota que foi demasiado castigo tras o visto na pista do Agustín Mourís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos