Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero, tras a renuncia da Coruña: “Insto inmediatamente a que Louzán traia a FIFA para ver o estadio, xa"

Caballero, tras a renuncia da Coruña: “Insto inmediatamente a que Louzán traia a FIFA para ver o estadio, xa"

O alcalde lembra que "Vigo gañou no proceso de preselección e, polo tanto, ten o dereito a ser cidade sede do Mundial"

G24.gal 16/03/2026 13:32 Última actualización 16/03/2026 13:41

A renuncia da Coruña para ser sede do Mundial pode deixar o camiño despexado para que Balaídos acolla partidos en 2030. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sempre reclamou o dereito do estadio vigués para ser un dos elixidos porque cumprían todos os requisitos.

Tras a renuncia de Riazor, o rexedor olívico envía a seguinte mensaxe ao presidente da Federación Española.

“Insto inmediatamente a que Louzán traia a FIFA para ver o estadio de Vigo. Xa. De forma inmediata. Hoxe están aquí e teñen que vir ver Balaídos. Teñen que vir ver as obras de reforma e o proxecto dos 43.000 espectadores. Esíxolle a Louzán que a FIFA veña esta mesma semana para ver o estadio de Balaídos. Louzán e Rueda non queren que sexamos sede do Mundial, pero imos ser”.

Abel Caballero asegura que o proxecto de Balaídos impoñerase, como xa fixo en primeira instancia:

“Vigo presentou un proxecto imbatible e Vigo gañou. Os responsables de elixir as sedes non tiveron máis remedio que poñer a Vigo entre as elixidas. O que pasa é que logo empezaron as irregularidades e Louzán mobilizouse para que Vigo non fose sede do Mundial. Nós reclamamos o noso dereito porque gañamos, a pesar de todas as trampas".

Nestes momentos, Balaídos atópase en plena reforma da Bancada de Gol, cuxo prazo de finalización estimado expira en xaneiro de 2027, pero aínda quedaría unha última reforma da Bancada de Tribuna para alcanzar o aforo de 43.000 espectadores que esixe a FIFA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade