Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nais de Maside mudan as esperas nos pavillóns polas canchas de xogo

Nais de Maside mudan as esperas nos pavillóns polas canchas de xogo

Fartas de ser sempre as que miraban os partidos dos seus fillos e fillas decidiron poñerse do outro lado formando o seu propio equipo de fútbol sala

Xa debutaron na liga provincial e agora son os seus pequenos os que as animan dende a bancada

G24.gal 17/10/2025 13:40 Última actualización 17/10/2025 13:53

Son de Maside, en Ourense, e dende setembro mudaron a bancada polo terreo de xogo. Estaban fartas deses tempos mortos mentres agardaban polos seus fillos e fillas durante os adestramentos de fútbol. Agora forman o equipo feminino de fútbol sala sénior Terras de Maside. Teñen adestramentos e tamén partidos durante as fins de semana. 

Saír ao terreo de xogo é todo un reto para elas. Pero na bancada, tamén están os mellores seareiros. Levan dous partidos e dúas derrotas. Pero o único gol que marcaron nesta tempada é a mellor das recompensas.

E o ánimo non o perderán nunca, porque o obxectivo para elas xa está cumprido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade