Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Poio Pescamar cae nos penaltis co Futsi no primeiro asalto da semifinal polo título

O Poio Pescamar cae nos penaltis co Futsi no primeiro asalto da semifinal polo título

As pontevedresas puxéronse cun 0-2, pero as madrileñas forzaron a prórroga

O encontro chegou aos penaltis, e aí foi mellor o futsi

O segundo partido da serie ao mellor de tres, na Seca dentro dunha semana

G24.gal 06/06/2026 18:31

Tivo que ser na quenda de penaltis. O primeiro asalto polo título de liga, que gañou o FUTSI, achegou ao límite as xogadoras dámbalas dúas escadras.

O exercizo de resistencia das de López Tulla levou as pontevedresas a poñerse con dous goles de vantaxe. Rafa Pato, no minuto 27, logrou o primeiro para as galegas. O segundo, nunha contra de vertixe, levou a sinatura de Ale de Paz, tan so 7 minutos despois da primeria diana.

Pero en cuestión de segundos chegou o penalti e a transformación de Ari. E, un minuto despois, o gol do empate. 2-2, marcou Irene Córdoba.

Foi no primeiro minuto da prórroga cando chegou o terceiro para o FUTSI. 3-2, gol de Laura Córdoba. Pero non se renderon as galegas, que empataron a tres por medio de Carolina Bravo.

Despois da prórroga, na quenda de penaltis, Poio errou os tres primeiros lanzamentos. Segundo asalto a vindeira fin de semana na Seca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar