Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo estréase no Anxo Carro con vitoria no engadido contra o Coria (1-0)

O Lugo estréase no Anxo Carro con vitoria no engadido contra o Coria (1-0)

O gol marcouno Guille Berzal no minuto 93 para deixar aos de Borja Fernández con 7 puntos

Foto: @CDeportivoLugo
G24.gal 13/09/2026 21:02

O Club Deportivo Lugo confirmou o seu bo inicio ligueiro, no que aínda non perdeu, cunha traballada vitoria no seu primeiro partido no Anxo Carro. Foi contra o Coria, un acabado de ascender que estaba deixando boas sensacións e que vendeu moi cara a súa pel. 

O equipo galego entrou mellor ao partido, e súas foron as primeiras ocasións, que repeleu o porteiro visitante Alonso. Os extremeños non renunciaban a dar a sorpresa, e Embadje tivo que intervir tamén na primeira metade.

Na continuación puido moverse o marcador se o árbitro atende a petición de FVS de Borja Fernández, pero non apreciou mans na área visitante. Pero a ocasión máis clara foi para o Coria. Desbaratouna Embadje diante de dous rivais.

O único gol do partido chegou no tempo engadido, e nace no saque de portería potente de Embadje. O balón contrólao Guille Berzal na área e bate o porteiro do Coria. É o segundo gol do centrocampista madrileño coa camiseta lucense, que serve para que o Lugo remate a xornada na terceira posición, con sete puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade