Unha mala primeira metade priva do ascenso ao Bembrive contra o Chiloeches (3-4)
O conxunto de Guadalaxara, que xa gañara a ida (2-0), púxose 0-4 e sentenciou a eliminatoria
O Bembrive volveu acusar as ausencas, especialmente a de Clau, e so conseguiu marcar tres goles ao final
O equipo vigués queda ás portas do ascenso despois de gañar a Liga regular
O Mosteiro Bembrive quedou ás portas do ascenso. O conxunto vigués perdeu unha eliminatoria contra o CHiloeches marcada pola lesión da máxima goleadora da categoría, Clau, xusto antes de comezar o partido de ida. Alí caeran as viguesas por 2-0. No encontro de volta volveron ser superadas, por 3-4, e despídense do ascenso, que é para as manchegas.
O encontro do Vicente Álvarez decidiuse no treito inicial da primeira metade, cando o Chiloeches tirou proveito prácticamente de todas as accións que xerou. Non abriu a conta ata que restaban 6'30", e Noelia de las Heras entraba desde atrás para rematar un córner. E, so dous minutos despois, Rocío López aumentaba a renda, que se foi ata os tres tantos a 2'40" do descanso. Aïnda na primeira metade chegou un 0-4 que deixaba ás viguesas case sen opcións, coa signatura de Eli.
Á volta do descanso, Gael Madarnas probou o ataque de cinco, pero a falta de efectivos e as ausencias fixeron que renuciase á idea. O Bembrive non era quen de marcar, pero acabou conseguíndoo. Foi xa no treito final. Quedaban 9 minutos e Nogui acadaba un golazo, controlando e rematando con moita calidade. A 6 Andrea Rivero marcaba o segundo. E, no último minuto, Nogui volvía marcar para minimizar a desvantaxe. Xa non houbo tempo para buscar o empate. O CHiloeches volveu gañar en Vigo, e puido festexar o ascenso. O Bembrive terá que seguir agardando para estar entre os grandes.