Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezaron as finais polo ascenso de fútbol sala, con vitoria do Vilalba (5-3) e derrota do Bembrive (2-0)

Comezaron as finais polo ascenso de fútbol sala, con vitoria do Vilalba (5-3) e derrota do Bembrive (2-0)

O Vilalba fs remontou diante do Penya Esplugues, para acabar gañando por 5-3

O Bembrive perdeu eo Chiloeches, e intentará remontar os dous goles en Vigo

Foto: @vilalba_fs
G24.gal 14/06/2025 20:57

Comezou a eliminatoria decisiva polo ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino, con dous representantes galegos buscando o ascenso. O Vilalba recibía na casa ao Penya Esplugues, que ten vantaxe no caso de empate despois de prórroga. E as luguesas aproveitaron o efecto do seu pavillón para remontar e acadar unha renda de dous goles, que defenderán no partido de volta. Tivo que reaccionar varias veces o equipo chairego, no que golearon Lara Balseiro, Marta Hermo, Mireia Tremps, Antía Lea e a propia meta, Albita...que tivo unha actuación meritoria con excelentes paradas e cun gran gol desde a súa propia área. Con dous tantos de vantaxe, o Vilalba xogarase o ascenso en terras catalás.

Pola súa banda, o Bembrive de Vigo, que perdeu moi axiña por lesión a súa goleadora Clau, comezou a eliminatoria decisiva polo ascenso cun resultado adverso diante do Chiloeches de Guadalaxara. As viguesas sucumbiron por dous a cero. Noelia de las Heras, no primeiro tempo, e Ely, no segundo, obrigarán á remontada no partido de volta que se disputará a vindeira semana en feudo vigués. Unha idéntica vantaxe, de dous goles, daríalles o ascenso ás galegas despois dunha hipotética prórroga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade