Cargando resultados...
Todo listo no García Calvo para o Negreira-Real Sociedade de Copa
As novas bancadas están case montadas para recibiren os 3.000 afeccionados que presenciarán o histórico encontro
G24.gal
24/10/2025 13:29
Última actualización 24/10/2025 13:38
Partido da máxima para o Negreira, que este martes xoga a Copa diante da Real Sociedade. As bancadas supletorias do Jesús García Calvo están case montadas para recibiren os 3.000 afeccionados que presenciarán o histórico partido da Copa do Rei. En Negreira traballan arreo para que o seu sexa un campo de Champions.
O equipo galego tamén solucionou os problemas de iluminación que afectan o campo, como recoñeceu no seu día o presidente da entidade, Julián Ferreiro.