Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo: "Hai que navegar o vaivén de emocións cunha mentalidade forte, sufrir para gañar"

Hidalgo: "Hai que navegar o vaivén de emocións cunha mentalidade forte, sufrir para gañar"

O técnico enxalza o traballo de Mella: "Ten un compromiso e un esforzo incribles"

G24.gal 24/10/2025 11:52 Última actualización 24/10/2025 11:58

O Deportivo afronta este domingo ante o Valladolid (21:00 horas) unha oportunidade para deixar atrás a mala serie de resultados, con dúas derrotas consecutivas e cinco xornadas sen gañar. Ante esta mala tendencia, Antonio Hidalgo apela ao esforzo, o traballo e a calma para recuperar o equilibrio e a solidez.

"Os equipos que saben manexar o vaivén de emocións desta categoría teñen moito gando", resaltou o técnico catalán na sala de prensa de Abegondo.

O adestrador branco e azul sabe que os refachos son "habituais" no fútbol e, cando chegan mal dadas, nunca son de bo agrado. Con todo, pon o talento e o esforzo colectivo e individual ao servizo do club e da afección.

"A esixencia é alta, sabemos a quen representamos e que temos unha responsabilidade cada un", aseverou.

Engadiu que "é unha bendición estar na Coruña" porque "a xente demóstrache o que é o Dépor". Di sentir a presión adecuada para querer buscar tres puntos máis que manteñan ao equipo na zona alta. A receita para iso pasa, segundo Hidalgo, por ter "calma, mentalidade forte e querer sufrir para poder mellorar".

Ao adestrador preocúpalle recuperar a solidez perdida tras a lesión de Ximo e celebra a volta de David Mella, que xa fixo un bo papel en Santander a pesar da derrota.

"Está a darnos moita profundidade e está a ser solidario cando tenta meterse nesa liña de cinco", explicou o técnico.

Aínda que non quixo cualificalo como lateral, eloxiou a súa predisposición para xogar na posición que faga falta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos