Un gol de Villares salva o empate do Deportivo co Betis (1-1)
Os andaluces adiantáronse cun tanto de Cucho na primeir metade
O Deportivo gozou de boas ocasións para remontar, pero topou con Valles
Villares acadou o tanto da igualada nos minutos finais
O Deportivo debeu loitar contra os elementos para sacar un heroico empate contra un Betis de Champions, superior no primeiro tempo e claramente superado polos coruñeses no segundo.
Os de Hidalgo sobrepuxéronse a fatalidade dun virus que afectou o plantel nas horas previas. E nada máis empezar, Ede quedou condicionado cun cartón amarelo por agarrar a Fornals. No saque da falta, Bartra obrigou a lucirse a Leo Roman nun espectacular remate de chilena e minutos despois abandonou mancado o terreo de xogo. A mala sorte seguiu cebándose nos herculinos, primeiro coa lesión de Casado cunha previsible rotura de clavícula. E a dous minuitos do descanso, nunha saída en ataque, os branco e azuis entregaron a pelota o Betis para que o Cucho Hernández puxera o cero a un.
E no tempo engadido deste primeiro tempo, o estadio reclamou a expulsión do dianteiro por golpear na cabeza a Ximo Navarro. Soto Grado, a instancias do VAR, revisou a xogada, pero deixouno sen castigo.
Esta decisión axitou o Deportivo que saiu lanzado na segunda parte ata converter a Alvaro Valles na gran figura do partido e comprobaron por que é o meta con máis paradas da Liga. O sevillano, con seis intervencións, mantivo a salvo o seu equipo ata o minuto 87.
Hidalgo meteu a todo o seu arsenal ofensivo sobre o campo. Yeremay, Adama, Luismi Cruz e Aubameyang. Sen embargo, o que logrou o empate foi o seu principal recurso en momentos de crise. Diego Villares que alcanzou coa cabeza un magnífico centro de Mario Soriano. Con este tanto, o de Samarugo pode presumir de ter marcado en tódalas categorías nas que xogou.