Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parrulo ten a primeira oportunidade de regresar á Primeira División

O Parrulo ten a primeira oportunidade de regresar á Primeira División

Xoga en Málaga o segundo partido da final polo ascenso á LNFS, logo de gañar o primeiro encontro por 4-0

G24.gal 12/06/2025 19:56

O Parrulo Ferrol pode regresar á Primeira División de fútbol sala despois de catro anos na categoría de prata. Xoga este venres (20:00 horas) o segundo partido da final polo ascenso diante do Cidade de Málaga no Pavillón Pérez Canca. No primeiro acadou o triunfo por 4-0 e precisa doutra vitoria máis para certificar o ascenso. No caso de non conseguilo terá un terceiro partido na Malata así que viaxa cunha pequena marxe de erro. 

De todos os xeitos, dentro do equipo non queren confianzas. Segundo Nico Rosa, "o Málaga tamén perdeu na semifinal diante do Alzira o primeiro partido e despois foi capaz de remontar nos dous seguintes. Confianza, ningunha" admite o xogador ferrolán. O adestrador, Gerard Casas, asegura que "imos ter que saber sufrir e ter personalidade neste segundo partido", pero o técnico confía en rematar a eliminatoria en terras andaluzas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade