O Pontevedra elimina á UD Ourense desde o punto de penalti
Os granates tiveron que chegar á quenda de penaltis para acadar á clasificación
Alex Comparada forzou o tempo extra cun gol sobre a asubío final
@PontevedraCFSAD
O Pontevedra accededu á segunda rolda da Copa do Rei tras eliminar na quenda de penaltis á UD Ourense. Os granates estiveron con pe e medio fóra da competición pero un gol de Alex Comparada no minuto 94 forzou un tempo extra no que os granates souberon impoñerse.
O balón parado foi aproveitado polos ourensáns para adiantarse no marcador. Un estraño remate de Javi Labrada despois dunha falta lateral puxo en avantaxa o equipo local no marcador. O partido situábase como quería o equipo vermello. Por diante no marcador buscarían as contras para levar perigo á área granate e tentaban defenderse con orde das acometidas pontevedresas. A mellor ocasión para os de Rubén Domínguez estaría nas botas de Joao Resende pero o remate do portugués estrelaríase no pau da portería de Vizoso.
Na segunda metade o Pontevedra seguiu creando ocasións. Denia, Compa e Alex González desaproveitaron boas chegadas namentras que os vermellos buscaban facer dano á contra co recién incorporado Justino e de novo co balón parado onde Pol Bueso desaproveitou a mellor ocasión para os seus. E cando semellaba que a vitoria quedaría na casa e que a figura do choque sería Manu Vizoso, o meta errou nun disparo de Alex Comparada que se colou entre as súas luvas.
Na prórroga o cansazo fixo recuar máis do previsto a UD Ourense e o Pontevedra monopolizou o balón pero a mellor ocasión estivo nas botas do ourensán Justino que non atinou en finalizar unha longa contra levada por el mesmo. Nos minutos finais o asedio pontevedrés foi total pero nin Selma nin Abelenda atinaron coa portería contraria.
Na quenda de penaltis a UD Ourense errou os seus tres primeiros lanzamentos todo o contrario que o Pontevedra que anotou os tres e logrou a clasificación para a seguinte rolda copeira