Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atleti resiste ante o Barcelona e estará na gran final da Copa do Rei (3-0)

O Atleti resiste ante o Barcelona e estará na gran final da Copa do Rei (3-0)

Marc Bernal en dúas ocasións e Raphinha fixeron soñar os seus coa remonta

Os madrileños non xogan unha final de Copa do Rei desde o ano 2013

Athletic de Bilbao e Real Sociedade dirimirán esta noite quen será o seu rival o 18 de abril na Cartuja de Sevilla

@EFE @EFE
G24.gal 03/03/2026 21:45

O Atlético de Madrid estará na gran final da Copa do Rei pese a perder ante o Fútbol Club barcelona por tres tantos a cero, nun partido onde os cataláns estiveron a piques de igualar a eliminatoria e quedaron soamente a un gol de forzar a prórroga.

Como era de esperar o conxunto culé saiu con todo a pola remonta. Gozou de saída de varias ocasións pero Raphinha, Ferrán e Lamine topáronse con Musso. Griezmann avisou para os atléticos pero Marc Bernal aproveitaría unha asistencia de Lamine para marcar o primeiro gol da noite. Antes do descanso, xa no tempo de prolongación da primeira metade, chegaría o segundo despois dun penalti cometido por Pubill sobre Pedri que transformou Raphinha. Cumpríase o plan de Hansi Flick, 2-0 ó descanso e o seu equipo metido de cheo na eliminatoria.

Na segunda metade o Atleti freaba mellor as acometidas blaugranas. Simeone rearmaba o equipo cos trocos pero cando semellaban que tiña o partido máis controlado chegaría o terceiro tras unha falta lateral que remataba Marc Bernal ao fondo das mallas nunha posición que rozaba o anti regulamentario. Restaban case vinte minutos e o Barcelona estaba a un gol de igualar a eliminatoria. Pero soubo resistir o Atleti que defendeu con unllas e dentes a súa portería acadando unha agónica clasificación para a gran final de Sevilla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade