O Obradoiro asoballa ao Cartaxena (101-49)
O equipo santiagués non deu opción ao equipo murciano ao que acabaou asoballando
Partido coral do equipo compostelán onde Barrueta foi o máximo anotador con quince puntos
@obradoirocab
O Obradoiro impúxose con comodidade ao Cartaxena no seu partido de retorno ó Multiusos Fontes do Sar onde non xogaba desde o pasado mes de febreiro por mor do parón da competición e do desfase numérico do calendario. Os de Diego Epifanio non deron opción a un equipo murciano que chegou a Santiago en plena crise de resultados e sen o ex adestrador obradoirista Félix alonso, cesado a pasada semana sendo sustituído por Roberto Blanco.
Os santiagueses non puideron contar con Micah Speight, mancado no último adestramento antes do partido, e que se perderá as próximas xornadas de competición por un problema muscular. Pero non o botaron de menos na pista xa que desde o inicio o dominio compostelán foi total cun parcial 17-4 que marcaría o transcurso do choque. Co paso dos minutos a diferenza seguiu aumentando para chegar o descanso con trinta e un puntos de vantaxe (51-20).
Na segunda metade non cambiaría o guión e seguiu a superioridade santiaguesa sen atisbo de reacción visitante, 79-35 ao remate do terceiro cuarto. No último cuarto Diego Epifanio repartiu minutos entre os xogadores menos habituais que tampouco deron opción ós visitantes deixando a diferenza final nos 51 puntos (101-49).