Cargando resultados...
O desenlace do ascenso directo a ACB, o sábado e o domingo na G2 e AGalega.gal
Este sábado o Obradoiro visita Cantabria, equipo que nin pode descender nin pode meterse nos play-off
O domingo o Leyma cerra o curso en Palma, que ainda non asegurou a permanencia
G24.gal
27/04/2026 16:45
Última actualización 27/04/2026 16:51
No pulso que botan polo ascenso directo á ACB o Monbús Obradoiro e o Leyma Coruña segue a ter vantaxe o equipo de Compostela. Segue a depender de si mesmo. Ten na clasificación unha vitoria menos pero tamén un encontro menos, e ten o basketaverage gañado nun suposto empate a final de tempada.
Calendario para o final de Liga. Este sábado o Obradoiro visita Cantabria, equipo que nin pode descender nin pode meterse nos play-off. O domingo o Leyma cerra o curso en Palma, que ainda non asegurou a permanencia. Televisados os dous partidos pola G2.
Quedaríalle o Obradoiro o partido co Gipuzkoa no Sar na derradeira xornada. Pero quen sabe, igual algún xa ascende esta fin de semana.
Son dous equipos con só catro derrotas esta tempada. Que onte gañaron para manter o pulso. O Leyma Coruña por 11 puntos contra o Gipuzkoa, o Monbus Obradoiro por dez contra Estudiantes nun encontro que no primeiro minuto do último cuarto estaba empatado.