Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma derrota a Gipuscoa e obriga ao Obradoiro a gañar (18:15h, G2 e AGalega.gal)

O Leyma derrota a Gipuscoa e obriga ao Obradoiro a gañar (18:15h, G2 e AGalega.gal)

O equipo coruñés avantaxa en dúas vitorias ao santiagués, con dous partidos máis

O Obradoiro precisa a vitoria contra Estudiantes para seguir dependendo de si mesmo no partido que veremos nesta casa

O COB apañou outra derrota na súa visita ao Menorca completando a participación galega na xornada da Primeira FEB

G24.gal 26/04/2026 14:15

O Leyma gañou o seu partido este mediodía ante o Guipuscoa. 92-81, con dominio mantido dos coruñeses que xa no primeiro cuarto chegaron a poñerse doce arriba. O Leyma só foi superado no último acto. Jorgensen e Barro foron os máximos anotadores dun Leyma que lle mete presión ó Obradoiro na súa particular loita polo ascenso directo. 

O Sar volverá estar a rebentar, cunha afección entregada, no partido desta tarde entre o Obradoiro e o Estudiantes. Trala derrota dos santiagueses ante o Tizona entre semana, o Obra segue dependendo de si mesmo para lograr o ascenso directo a ACB pero non pode permitirse máis erros, e máis despois desa vitoria do Leyma Coruña pola mañá. O partido verémolo ás 18:15 desta tarde na nosa G2 e tamén a través de AGalega.gal. 

No outro partido disputado esta mañá, xa sen grandes obxectivos en xogo, o COB non puido co Menorca na súa pista. Logo dun encontro igualado, este decidiuse nos intres finais, confirmando que a temporada se lle está a facer moi longa ao equipo galego. O resultado final foi 73 a 70 a prol dos illeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade