Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "O Vilarreal fixo máis para gañar o partido"

Giráldez: "O Vilarreal fixo máis para gañar o partido"

O técnico de Porriño non quixo polemizar sobre a actuación do colexiado

Foto EFE
G24.gal 27/04/2026 11:15 Última actualización 27/04/2026 11:28

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, admitiu este domingo, tras a derrota do seu equipo (2-1), que o Vilarreal "fixo máis para gañar o partido", aínda que destacou que o seu equipo "competiu en todo momento".

"Pasou máis o que eles querían que pasase que o que pretendiamos nós", dixo o preparador galego.

"Está a saírnos cruz en todas as situacións pequenas. É difícil empezar mal contra o primeiro ou o terceiro clasificado. Tampouco saímos ben tras o descanso", sinalou.

Giráldez afirmou que o gol en contra provocou que o seu equipo tivese "moitos erros técnicos na primeira parte", aínda que valorou que, co paso dos minutos, o Celta "mellorou e tivo momentos bos".

"Os dous equipos estivemos mellor na faceta ofensiva. Imos amolados. Tivemos opcións de empatar, pero máis co corazón que co xogo. Hai que pensar nos cinco partidos que quedan", argumentou.

O técnico desvelou que na acción do segundo gol o seu equipo pensou que a falta era ao seu favor e non quixo polemizar sobre a actuación do colexiado, ao que augurou un gran futuro en Primeira.

"Quedan cinco partidos e temos que manter as cousas que fixemos ben e corrixir as que non. Debemos conseguir un resultado positivo que nos dea confianza", finalizou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade