Basquet Coruña derrota a Menorca e segue pensando no ascenso directo á ACB (81-72)
Os coruñeses cumpriron coa súa obriga e meten presión ao Obradoiro de cara os seus tres últimos partidos
Tras tres cuartos igualados o partido rachouse no último en favor do equipo laranxa
Caio Pacheco foi o máximo anotador dos locais con quince puntos
@BasquetMenorca
O Basquet Coruña non se rende e non desbotou a posibilidade d emeter presión ao obradoiro, tras o picazo onte dos composteláns, e derrotou a Menorca nun partido traballado onde souberon xogar coa necesidade de gañar.
O primeiro cuarto estivo marcado polo acerto desde a liña de tres puntos do conxunto menorquí. Grazas a seis triplas mandaban no choque 11-18 pero tras un tempo morto solicitado por Carles Marco reaccionou o equipo laranxa que rematou o período por diante (22-21). Pero no segundo, liderados por un gran Littleson autor de dezaseis puntos na primeira metade, volveu a estirar o marcador o cadro balear (29-35). De novo reaccionou Carles Marco con outro tempo morto e o seu equipo daríalle a volta a situación grazas a cinco puntos de Didac Cuevas que deixaban os herculinos con vantaxe no descanso (37-35).
No terceiro cuarto o guión sería ao revés. Boa saída de Basquet Coruña, grazas ao acerto desde a liña de tres de Caio Pacheco e Jacobo Díaz collendo unha máxima vantaze de quince puntos, 57-42- pero non deu o seu brazo a torcer o equipo de Javi Zamora que reaccionaría e deixaría a distancia ao remate do cuarto en soamente tres puntos, 60-54. Chegaba o momento decisivo do partido e o equipo herculino soubo xogar os minutos chave spara poder pechar unha vitoria fundamental para seguir con opcións de ascenso directo nos seus dous últimos partidos ligueiros.