Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derrota do Obradoiro permítelle ao Leyma volver soñar co ascenso directo

A derrota do Obradoiro permítelle ao Leyma volver soñar co ascenso directo

Carles Marco: "Hai que disputar un pouquiño máis na pista e competir ao máximo diante da nosa xente"

Foto Leyma Foto Leyma
G24.gal 22/04/2026 11:42 Última actualización 22/04/2026 12:00

O Leyma enfróntase a Hestia Menorca este mércores ás 20.45 horas no Coliseo. O equipo de Javier Zamora ocupa o noveno lugar na clasificación de 1ª FEB – última praza que facilita disputar o playoff de ascenso– e segue loitando para que non lle alcance Caixa Rural Zamora e para tratar de superar ao HLA Alicante.

Trátase dun equipo moi correúdo, que plantou cara na cancha de Monbus Obradoiro, que só conseguiu dobregar ao equipo balear na prórroga tras un último cuarto moi polémico, e tamén loitou ata a final fronte Agropal Palencia (67-72) na pasada xornada. O rival do Leyma Coruña non tivo unha tempada plácida -a espantada de Thad McFadden en marzo foi o episodio máis doloroso-, pero sempre arranxou o momento para resistir na parte de arriba da clasificación e virán ata a Coruña co coitelo entre os dentes para blindar as súas opcións de disputar o playoff de ascenso.

Polo que respecta ao equipo de Carles Marco, é vital que se desenvolva un intenso traballo psicolóxico para que os xogadores volvan confiar na súa calidade, sabendo que volverán contado co apoio incondicional da Marea Laranxa. A derrota do Obradoiro en Burgos muda a importancia deste encontro.

Carles Marco: "Hai que disputar un pouquiño máis na pista e competir ao máximo diante da nosa xente".

Durante toda a tempada, os xogadores brillaron con luz propia e iso é o que teñen que volver recuperar. Quedan tres partidos e o reto é chegar ao playoff de ascenso con fortaleza física e mental, recobrando a bitola de equipo duro en defensa e cun abanico envexable de recursos ofensivos. A sorprendente derrota dos de Epifanio, muda o camiño.

O escolta Joe Cremo, que recibiu onte o premio a xogador do mes do Leyma, referendou a súa confianza no equipo.

"Necesitamos recuperar esas boas sensacións. Temos ao grupo de xogadores e adestradores adecuado para logralo, e estamos motivados e decididos a volver ao lugar no que merecemos estar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade