Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña cae en Fuenlabrada (75-74) cun polémico palmeo anulado no último segundo

O Leyma Coruña cae en Fuenlabrada (75-74) cun polémico palmeo anulado no último segundo

O cadro coruñés chegou a gañar de 19 puntos durante o segundo cuarto

Á volta de pausa consumouse a remonta do cadro madrileño, que meteu 32 puntos no terceiro cuarto

O Leyma Coruña rematou cun 0-8 e ese palmeo de Guillem Jou fóra de tempo segundo os árbitros

Foto: @BFuenlabrada Foto: @BFuenlabrada
G24.gal 18/04/2026 20:33

O Leyma Coruña apañou en Fuenlabrada a segunda derrota consecutiva, despois de perder o derbi de hai unha semana co Obradoiro e, con el, o liderado da Primeira Federación. O cadro coruñés saiu moi ben na difícil pista do Fuenlabrada, e acadou amplas vantaxes durante a primeira metade, que chegaron a ser de ata 19 puntos (17-36).

No treito final da primeira metade o Fuenlabrada comezou a meterse no partido, e conseguiu pechar esa desvantaxe ata os dez puntos ao descanso (40-50)

O terceiro cuarto foi chave no partido, cos madrileños remontando, e meténdolles 32 puntos ao Leyma para consumar a remonta, aínda que todo quedaba aberto para o último parcial. Este tivo dúas partes. O Fuenlabrada parecía sentenciar o choque cunha vantaxe de 9 puntos a falta de menos de tres minutos. Pero o Leyma Coruña levantouse unha vez máis, e pechou o encontro cun parcial de 0-8 que o deixou a tiro da vitoria.

O último ataque foi dos galegos, con 9 segundos no cronómetro. E o tiro de Cremo non entrou, pero chegou entón o polémico palmeo de Guillém Jou. Os árbitros non lle deron validez, e o resultado final foi de 75-74 a prol do Fuenlabrada. O Leyma Coruña afástase da posibilidade de acadar o ascenso directo, que parece nas mans do Obradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade