Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol, fóra do 'play off' tras perder co Araski (86-66) e a vitoria do Estepona

O Baxi Ferrol, fóra do 'play off' tras perder co Araski (86-66) e a vitoria do Estepona

As ferrolás, sen opcións durante o partido, quedan sen opcións matemáticas despois do triunfo do Estepona esta mañá en Badalona

Foto: @Araski Foto: @Araski
G24.gal 18/04/2026 21:15

O Baxi Ferrol quedou sen opcións de entrar nos play off polo título logo desta penúltima xornada. As ferrolásperderon ante o Araski. Aínda que o descanso o equipo ferrolá ía cinco abaixo (42-37), -cunha boa primeira metade de Joiner que anotou 19 puntos-, no segundo tempo esa diferenza acentuouse. No terceiro cuarto a deficiencia ofensiva do Baxi fíxolles acabar a 20 puntos das rivais, e esa distancia xa non o reduciron ata o 86-66 final. 

A xornada completouse o domingo co triunfo do Estepona na súa visita a Badalona, o que deixou as galegas sen opcións matemáticas de disputar as eliminatorias polo título.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar